[ HERA | Axuda | Info | Código | Contacto ]
HERA é unha utilidade para revisar a accesibilidade das páxinas web de acordo cas recomendacións das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 (WCAG 1.0). HERA realiza unha análise automática previa da páxina e informa si se atopan erros (detectables de xeito automático) e qué puntos de verificación das pautas deben ser revisados manualmente.
A revisión manual é imprescindible para comprobar realmente si a páxina é accesible. Para poder levar a cabo esta verificación manual é necesario coñecer as directrices de accesibilidade, saber cómo utilizan os usuarios as axudas técnicas e ter algunha experiencia en deseño e desenvolvemento de páxinas web.
HERA facilita a revisión manual proporcionando información acerca dos elementos a verificar, instruccións sobre cómo realizar ese control e dúas vistas modificadas da páxina (unha en modo gráfico, outra do código HTML) cos elementos máis importantes destacados con iconas e cores distintivas.
Un formulario permite modificar os resultados automáticos, agregar comentarios a cada punto de verificación e indicar o nome do revisor. Tamén é posible xerar un informe final sobre a revisión, para imprimir ou descargar, en diversos formatos (XHTML, RDF e PDF).
Importante: Os datos se conservarán na base de datos de Sidar por 7 (sete) días a partir do inicio da revisión. Durante ese lapso é posible retomar un traballo utilizando a URL da páxina resumo, que contén o identificador da revisión.
Copyright © Sidar 2003-2005
Desenvolvemento: Carlos Benavídez